Max Planck

Max Planck, nado en Kiel o 23 de abril de 1858 e finado en Gotinga o 4 de outubro de 1947, foi un físico alemán, considerado como o pai da teoría cuántica. Despois de estudar en Múnic e Berlín, Planck obtivo o seu grao de doutor en 1879. Despois de ocupar o cargo na Universidade de Kiel, Planck foi nomeado profesor de física teórica da Universidade de Berlín no 1899 substituíndo a Kirchhoff, permaneceu aquí ata 1926. Planck foi premiado no 1918 co Premio Nobel de Física polo descubrimento da natureza cuantizada da enerxía.


Developed by StudentB